Equipo

En DCM Asesores analizamos a realidade empresarial e económica cun enfoque innovador. O noso equipo multidisciplinar, composto por un grupo de profesionais cun alto grao de formación e experiencia, tanto en mercados financeiros e de capitais, como en finanzas operativas, fai posible que DCM Asesores sexa un referente no sector.

O noso principal activo son as persoas, os profesionais e o seu grao de compromiso cuns valores e uns ideais de progreso, de innovación e de servizo á sociedade. Todo isto o facemos respondendo a unha estratexia de mellora en tódolos niveis de produtividade, reducindo tempos de resposta e, en consecuencia, mellorando a satisfacción dos nosos clientes.

O valor engadido de DCM Asesores reside na especialización no Mercado Alternativo Bursátil, que nos permitiu alcanzar unha importante cota de mercado do total de operacións celebradas no MAB dende a súa creación.