MAB

¿Que é o MAB? – Como cotizar no MAB

O Mercado Alternativo Bursátil (MAB) facilita a empresas de reducida capitalización un acceso sinxelo e eficiente ao mercado de valores. É una plataforma deseñada para que as pequenas empresas con proxectos de expansión poidan beneficiarse das vantaxes do mercado. Este mercado caracterízase por ser:

  • Un sistema multilateral de negociación operado polas bolsas, promovido por BME e supervisado pola CNMV
  • Dirixido a inversores institucionais e particulares. Proporciona financiación, visibilidade, liquidez e valoración.
  • Conta cun réxime de información e contratación adaptado ás singularidades desde tipo de empresas.
  • Plataforma de aprendizaxe ou lanzamento cara á Bolsa para as empresas que alcancen a dimensión axeitada.

Ademais das Empresas en Expansión, no MAB cotizan outro tipo de compañías como:

  • 2006 MAB para SICAVS
  • 2007 MAB para Entidades de Capital Risco
  • 2008 MAB para Empresas en Expansión
  • 2013 MBA para SOCIMI

As empresas que desexen incorporarse ao MAB deben ser sociedades anónimas que estean comercializando produtos ou servizos, ou que teñan avanzadas actuacións relevantes para iso, e que cumpran os requisitos de transparencia, información e incorporación.

O MAB adaptou tódolos procedementos existentes para que estas empresas poidan cotizar no mercado, pero sen renunciar a un adecuado nivel de transparencia. Para isto, introduciuse a figura do Asesor Rexistrado, profesionais especializados para axudar ás empresas en todo o proceso, dende a incorporación ao mercado ata o día a día da súa cotización. O Asesor Rexistrado é o enlace entre as empresas que decidan comezar a súa andadura no MAB e BME como xestor do mercado.

     

 

 

 

 

Este mercado dispón dunha regulación a medida, deseñado especificamente para as empresas, e cuns custos e procesos adaptados ás súas características. O MAB dispón dun Regulamento. A normativa complementaria deste Regulamento establécese nas Circulares e Instrucións Operativas que o sistema multilateral de negociación aprobe de acordo co Regulamento.

 

 

 

 

Por que Cotizar no MAB – Beneficios de ser unha empresa cotizada

O Mercado Alternativo Bursátil (MAB) é o adecuado para empresas de reducido tamaño e unha plataforma idónea para fomentar o crecemento da mesma. O MAB ofrece un maior aceso á financiación e una alternativa real á bancaria tradicional. A ampliación de capital, coincidindo ca súa saída ao mercado, é unha forma idónea de obter fondos propios para soster a expansión dunha empresa. Adicionalmente, o mercado facilita o aceso da empresa a unha ampla comunidade inversora moitas veces institucional, tanto nacional como internacional, que confía no proxecto que representa a empresa e comparte con ela o obxectivo de maximización do beneficio.

As accións dunha compañía que se negocian nun mercado contan cun valor obxectivo, o valor de mercado ou cotización da empresa. O MAB incorpora as expectativas de crecemento e beneficios na valoración das empresas cotizadas, así como outras variables externas á mesma.

O mercado ofrece ós inversores unha liquidez que fai compatible conxugar o seu horizonte temporal de inversión co carácter permanente de financiación da empresa. As empresas cotizadas no MAB contan ca figura do Provedor de Liquidez quen ofrece posición de compra e venda durante a sesión de mercado para facilitar unha liquidez constante do valor.

Cotizar nun mercado aporta á empresa solvencia, transparencia e prestixio. Prestixio que non só é recoñecido polos inversores, senón tamén polos clientes, provedores ou interlocutores financeiros da compañía. As consecuencias son por tanto relevantes: reforzo da posición comercial, mellora das relación con provedores, clientes, bancos, etc. A imaxe da empresa mellora pola continua publicidade que o mercado proporciona e que ten o seu eco nos medios de comunicación.