Noticias...
| Como cotizar no MAB |
|
|
|
|
REQUISITOS DE INCORPORACIÓN
As empresas que desexan incorporarse ó MAB deben ser sociedades anónimas que estean comercializando productos ou servizos, ou que teñan avanzadas actuacións relevantes para iso, e que cumpran os requisitos de:
- TRANSPARENCIA:
O nivel de transparencia esixido implica un cambio profundo na mentalidade dos accionistas de referencia, nos órganos de goberno e as súas formas de actuación. A regulación está adaptada ás súas necesidades e introduce uns interlocutores novos, o Asesor Rexistrado e mesmo o MAB. E sempre mantendo uns adecuados nivéis de transparencia, a través de diferentes mecanismos. - INFORMACION:
Asumir o compromiso de subministro da información requerida polo MAB. - ASESOR REXISTRADO E PROVEEDOR DE LIQUIDEZ:
Designar un Asesor Rexistrado que lles axude tanto na saída coma durante a súa permanencia no mercado, e subscribir un contrato cun proveedor de liquidez que facilita a negociación. PROCEDEMENTO DE INCORPORACIÓN
A empresa ten que presentar a seguinte documentación: - Solicitude de incorporación Acompañarase da documentación que acredite o cumprimento dos requisitos de incorporación. - Documentación informativa inicial:
Documento informativo de Incorporación a MAB ou, no seu caso, Folleto Informativo rexistrado na CNMV. - Tramitación e incorporación
Recibida a solicitude, MAB avaliaría os requisitos esixidos e decidirá, no seu caso, a súa incorporación. O ASESOR REXISTRADO
Trátase de asesores especializados que valoran a idoneidade das empresas para incorporarse ó MAB e asístenlle na elaboración da información requerida en cada momento. Cada empresa debe ter en todo momento designado un Asesor Rexistrado, que realiza as seguintes función e cometidos: - Comproban e asisten á compañía no cumprimento dos requisitos de incorporación. - Revisan a información presentada pola compañía no momento da súa incorporación e despois. - Están dispoñibles ante o MAB para atender a súas preguntas sobre o emisor, a súa actividade, cumprimento, etc. |







MAB é un Mercado dedicado ás empresas de reducida capitalización que buscan expandirse, cunha regulación a medida, deseñada específicamente para elas e uns custos e procesos adaptados ás súas características.